Yo huelgueo, tú huelgueas, y mientras tal sucede, los comentarios mundialistas penetran raudos en nuestro corazón. ¿Están de folga os periodistas que retransmiten os partidos balompédicos? Que descansen. Imaxino que será o exceso de traballo quen os leva a considerar como británica á verde verdísima Irlanda. Pobres. Pero non acerto a encontrar a causa da sentencia, colosal, que un profesional reputado expulsou mentres os infantes de Camacho presentaban armas en Corea. Proclamou o comentarista: La ha entrado con la derecha. Quería dicir que o xogador golpeara a pelota coa perna dereita. La ha entrado con la derecha. Creo que tal expresión é unha definición da nosa Hispania fecunda: un país en decadencia. Deberíase repetir xornada de paro, ou de pena, con maior asiduidade: la ha entrado con la derecha. Tal vociferación tira por terra todas as reformas educativas pasadas e presentes. España fracasou. A cultura é un adverbio de negación: Non existe. Sabida tal circunstancia convén permanecer na conxugación repetida: Yo huelgueo. La ha entrado con la derecha: trece millóns de persoas escoitando. ¿Podemos caer más bajo? Huelgueando: verbo perfecto.