A ciencia avanza. O home, menos. A diario podemos contemplar noticias salvíficas e redentoras nos noticiarios. A clonación de cápridos e bovinos, o brécol que elimina bacterias, o musgo cibernético introducido baixo a pel dunha familia, as neuronas que namoran, entristecen, exaltan ou tornan felices aos conxéneres. A ciencia avanza. Pero segue existindo esa especie de homínido capaz de condenar por herético, aínda, ao ilustre Gaileo. Fraga Iribarne, nunha alarde calificador de extrema lucidez, denomina dinosaurios aos detractores da enerxía nuclear. Dinosaurios, simplemente: moradores da Prehistoria acultural e acientífica. Don Manuel acabará dictando leccións sobre progresía aos perseverantes apóstolos do inconformismo, apoloxetas da insubmisión. Eu, por esta vez, estou co presidente. Eu non quero ser dinosaurio: Spielberg e Operación triunfo satúranme. A enerxía nuclear, está chernobilianamente demostrado, non produce agravios. Ao revés: aporta postos de traballo, riqueza, autovías, confort, consumo. ¿Existe alguén que poida aportar datos obxectivos sobre a maldade da enerxía atómica? Fraga é o novo Galileo. Os outros: dinosaurios. Ahí queda eso, presidente.