LIBERDADE DE INFORMAR

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

Andaba servidor seguíndolle os pasos a Jimmy Carter, na súa viaxe a Cuba, por si non somentes se ocupaba do bioterrorismo e preguntaba cantos presos políticos levan anos a máis anos no cárcere do dictador barbudo, cando unha fusión-absorción dos canais dixitais, arma a de Dios é Cristo. É sabido que a xulgar pola preocupación que causa nos gobernantes, a liberdade de prensa é unha liberdade fundamental, pois fai difícil a tarefa de gobernar. Mais non somentes nos gobernantes, senón nos gobernados, a liberdade de informar, é non só unha pedra angular do sistema político, senón e tamén, a esperanza de cada día que comeza de se sentir ceibes, e poder xulgar a quenes nos administran. Por iso a fusión-absorción de Sogecable-Vía Digital, esperta na cidadanía unha inquietude de que o monopolio informativo vaise configurando nesta España dos nosos pecados, en detrimento do réximen de liberdades. Imos camiño do pensamento único, tamén nos medios de información, nas mans dos máis poderosos ¿ata con inversións estranxeiras, ¡faltaría máis..!¿ sen que a cidadanía, pouco o nada pode facer, como non sexa darse de baixa de plataformas dixitais, que nos converten en simples pasmóns .