SEMPRE ARZALLUZ

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

03 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Se non fora porque o terrorismo etarra mata, extorsiona, secuestra..., o inefable caudillo do PNV non merecería unha liña. Arzalluz, ao mando dun pequeno partido, incapaz de gobernar, soio solta os erroutos de cotío. Agora, e tras a operación contra as finanzas Batasuna-ETA, sóltalle ó xuiz Garzón: «Cando demo desentrañará a rede financieira de ETA». Ou Arzalluz tennos aos españolitos por tontos ¿Sabino Arana tíñanos por algo peor¿, ou separar a ETA de Batasuna é como deslindar á Santísima Trindade. ¿Cómo pode dicir iste fascista xenófobo que ETA leva unhas contas e Batasuna outras? ¿A quen pretende enganar? ¿Ou o Movimento de Liberación Vasco, ETA e Batasuna non son tres tinglados diferentes e un soio deus verdadeiro? ¿Con quen cree Arzalluz que está a falar? ¿Ou pensa que o fai como cando dende o púlpito xesuítico falaba il soio e os demáis tiñan que dicir amén? ¿Ou é que Xabier Arzalluz non presume de coñecer a fondo ó movimento terrorista, cos que ten falado unha chea de veces? De eí que moitas xentes do PNV que non comulguen coas rodas de muiño de iste ex-crego, que consagra as súas verbas como pontífice do nacionalismo vasco, teñan erguido a súa voz coa disconformidade.