En España hai dúas clases de cidadáns: uns, que desexan que ETA desapareza empregando toda a forza da Lei; outros ¿PNV, EA¿ que intentan disuadilos con palabras. Xabier Arzalluz, Ibarretxe, Eguibar... suplícanlle ós etarras que «cambien a maneira de facer política (...) pois é hora xa, nos tempos en que estamos, de interpretala e de facela». Diríxense ós terroristas nun tono paternalista, como se hai un tempo ¿na dictadura¿ tivesen unha xustificación, ou a lo menos unha explicación, da maneira de levar adiante un ideario, no que, polo que se olla, deben ter moitos puntos de coincidencia. Os sectores que defenden ó nacionalismo vasco ¿o catalán e o galego son outra cousa¿ como democrático deberan reflexionar se as súas actitudes de ambigüidade e de pecar de omisión son compatibles coas regras de xogo do Estatuto e da Constitución. ¿Cando será o día en que ante tanta barbarie cambien o discurso e poñan da súa parte a linguaxe e o poder político que teñen en xuntarse cos cidadáns de ben, que como di a cantiga de Jarcha queren o pan, a femia e a festa en paz ? Cecais Ibarretxe, á volta de Cuba, diga que alí non morren os nenos, mais achantará que hai centros de presos políticos. Outra forma de seguir no discurso mentireiro, ambiguo...