MANUEL REGO NIETO
31 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Na loita do Estado contra ETA, lévanse ensaiado moitos procedementos. Un diles, o máis bochornoso a meu xuízo, foi o que o PSOE de Felipe González exerceu. Non hai probas, nin as haberá, proclamaba o prepotente González, convencido de que coas maiorías absolutas poderíase facer o que se quixera. Chegaba con ter xornais, emisoras de radio, televisións, que os informativos xa se encargaban de desinformar. De pouco, de nada, serviron ós Amedo, Barrionuevo, Vera, Galindo... A este último colocáronlle o faxín de xeneral, en cerimonia privada, como tendo vergonza allea. Que non a tiñan... Agora, tralo máis despreciable crime cometido polos galindos -secuestro, torturas, enterramento en cal viva- en nome da sacrosanta democracia, e en defensa dos Dereitos Humanos, o Tribunal Supremo dicta que constituíu un caso de perversión dos medios en atención ós fins con esquecemento de que dende a lexitimidade da sociedade a se defender do terror... Coido que como iste país ten a virtude do pronto esquecemento, o ex-xeneral Galindo sairá, trala petición de moitas firmas, cun indulto; e mal dos que morreron, ¡e como morreron!