SEGUE O LABIRINTO

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO LIÑA ABERTA

10 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O tema vasco da para falar e contar. Agora é a escisión do brazo político etarra -dos batasunos- dun colectivo que ten como líder a un navarro, Patxi Zabaleta. Trátase de Aralar, que logo de moitas dúbidas -e sempre é mellor tarde que nunca- deixa a ETA. Aralar segue a outro colectivo, Batzarra, que xa fai algún tempo tomou as de Villadiego. Algo estase a mover no mundo dos violentos, pois xa son moitos os que coidan, que matando non se vai a ningures. O problema vasco irase resolvendo, a meu xuízo, cando as xentes vaian perdendo o medo. O medo. É aí a cuestión. Porque inda está por ver, se a algúns de Aralar, o cal non desexamos, non lles vai saír gratis a espantada. I é que a demencia terrorista é de tal calibre, que calquera día, poden facer unha burrada para xustificar que os que se van teñen que pagar un prezo. Lembremos o caso de Yoyes, que escollera, logo dunha grande reflexión, a volta a casa. Faltoulles tempo ós descerebrados etarras para poñerlle fin a súa existencia... A fuxida de Aralar é unha boa nova. Pois, con independencia -eso, a independencia é o que defenden- pódese en democracia presentar, sempre co respecto para coas persoas, e para quenes lexitimamente discrepen. Ben, o labirinto vasco, segue... A democracia española ten ese cancro, que polo de agora ninguén soupo aplicarlle a medicación necesaria. Serán os propios vascos os que lle vaian pondo a vacuna correspondente.