DE COTÍO / Manuel Rego Nieto
05 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Os dictadores temblan. Pinochet, Milosevic..., e o que che rondarei morena. Si, porque niste mundo globalizado; niste mundo xa sen aduanas; niste mundo do Internet, ninguén se escapa -ou non debera- da espada da xustiza. O presidente cubano Fidel Castro, logo de dúas horas de lle dar a lata, que non a comida, ós seus secuestrados cidadáns, dilles que a Revolución está asegurada, cando el falte, co seu irmán Raúl, outro que ben baila..., e fai bailar. Vamos, que como nas monarquías hereditarias, Raúl sucede a Fidel... Pero non sabe -¿ou si?- que como lle respostara Francisco Franco a un adulador, cando lle dicía que se proclamase rei, que iso non podía ser, «pois hai que ter antigüidade». Fidel Castro quedouse de pedra na súa visita a cidade portuguesa de Porto, cando os xornalistas lle dixeron que o xuíz Garzón empapelara ó dictador chileno Augusto Pinochet: «Interésame ise asunto», respostou. Claro que a miopía dos ianquis, axúdao a se perpetuar. Pois co conto dos EE UU, os cubanos non comen, mais teñen dignidade. ¡Que cousas!