XENERAR DEPENDENCIA

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO Ó DÍA

11 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Agora que xa se vai serenando o personal, logo dos comicios vascos, bó será unha reflexión en voz alta. ¿Está o País Vasco perto da independencia, como berraban o 13-M? En política, endexamais se sabe... Mais isa meta utópica que algúns vascos nacionalistas -¿todos?- desexan, antóxaseme non moi doada. Cataluña, que sempre foi exemplo, para moitos españois, de pragmatismo, non reivindica a independencia. Outra cousa son as cotas de soberanismo. De autonomía financieira. Cataluña sabe -«Barcelona es bona si la bolsa sona»- que necesita de todos, escomenzando polos pobos de España. Hoxe a independencia somentes xenera «dependencia». ¿Quén ía pagar ós xubilados vascos? ¡Canto tempo durarían os bancos e as grandes empresas vascongadas? Logo chegarían as multinacionais a facerse cargo do santo e da limosna. A colonización agudizaríase axiña. Claro que Xabier Arzallus podería morrer tranquilo. Cousa que non lle sucedeu a Sabino Arana, que ó final arrepentíuse, aínda que xa era tarde... E por iso ETA dí no derradeiro comunicado, que «sen loita armada, o único que se lle ofrece a iste pobo é a autonomía...».