MANUEL REGO NIETO DE COTÍO
05 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Dende que o inferno non está no centro da Terra; dende que o BNG é social-demócrata; dende que a Moreneta non é preta... dende que a masonería xa non a ollamos con cornos e rabo, os esquemas cáenselle a moitas boas xentes, sen solución de continuidade... Lembro o que se nos dicía dos masóns á xente nova e non tan nova perante a oprobiosa, e penso que os púlpitos foron, en moitos casos, lugares de predicamento desvergoñado. Contan, de tódolos xeitos, que os masóns invitaran a Indalecio Prieto para que asistira a unha tenida, que así lle chaman ás sesións que celebran os franco-masóns. Don Indalecio, líder socialista e agnóstico convicto e confeso, aceptou. Á saída, os xornalistas preguntáronlle ó dirixente socialista: «¿Que lle pareceu, don Inda...?». Prieto respostou axiña: «Pois miren, eu quédome coa misa...». A min, os masóns, que queren que lles diga. Con todo o respecto, parécenme uns aburridos... E con esto non quero dicir que moitas das misas ás que acudo normalmente non me resulten todo o atractivas que coido deberan ser...