VIVIR NO PAÍS VASCO

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO LIÑA ABERTA

23 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Ibarretxe tratou de levar na súa mensaxe electoral un axioma: no País Vasco vívese estupendamente. É unha verdade a medias, xa se sabe o que son as verdades a medias... Se ben é certo que tanto o PP como o PSE plantexaron unha alternativa frentista, non é menos certo que os mortos nestes últimos tempos púñanos eles, e iso pesa moito. Claro que pesa... Unha grande parte da poboación vasca sentíu como un medo -ó que axudou o PNV e mais EH- de que poideran ser invadidos polo españolismo dun ex-ministro do Interior. Xa se sabe que ese cargo ven sendo un posto represivo, endexamáis constructivo de liberdade, que foi a imaxe que deu Mayor Oreja. A súa falta de cintura nas negociacións con ETA facía difícil maxinar a un lehendakari conciliador. Si a esto lle engadimos que Ibarretxe tratou de lle trasmitir á sociedade vasca que alí vívese estupendamente -o cal é certo a nivel económico-social- fixo que moitos nacionalistas ou non tanto votaran coa idea de Virxenciña que me quede como estou. Inda que neste voto ao PNV houbera un pouco de egoísmo. Un voto insolidario cos que non viven estupendamente...