TERESA PEDROSA SILVA
12 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.Non é unha tarefa sinxela pensar, ou máis ben adiviñar, que ocorrerá no complexo mundo laboral dentro de dez anos. Para intentalo, o mellor é facer un pequeno balance. O mundo laboral, nos últimos tempos, estivo presidido polo diálogo e polo acordo entre os interlocutores sociais; melloráronse gran parte das principais variables do mercado; creouse emprego; aumentouse a productividade... As sombras céntranse na excesiva temporalidade na contratación; na inestabilidade e nas altas taxas de sinistralidade entre os traballadores. Por outra banda, son moitos os factores que incidirán e posiblemente cambiarán o actual marco laboral na primeira década do próximo século: a globalización, a internalización da actividade económica, o avance da integración na UE, a revolución informática e tecnolóxica e a culminación da integración da muller. Os dous conceptos básicos que con grande probabilidade van orienta-los cambios nas relacións laborais na próxima década son a estabilidade e a flexibilidade. O obxectivo é conseguir un axeitado equilibrio entre estes dous conceptos que evite, en todo caso, a precarización e o deterioro nas condicións de traballo. Por último, é o meu desexo que entre todos consigamos na próxima década unhas relacións laborais máis humanizadas, máis estables e máis igualitarias.