LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO La Voz de Galicia inicia hoy, con el mes de diciembre, una particular cuenta atrás hacia el nuevo Milenio con la idea central de repasar los retos y las respuestas de la comunidad ante la nueva Era. Cada día, especialistas y personas implicadas en cada área detallarán, en artículos y entrevistas, la situación y las perspectivas que tiene Galicia en su campo. El primero, que hoy inaugura esta serie, se refiere a la Universidad, tema que analiza Lourenzo Fernández, miembro del Consello Universitario Galego.
30 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.A sociedade da información, do coñecemento ou tecnolóxica xa non é un reto do futuro senon unha realidade, aínda que non saibamos exactamente como nomeala. Se o coñecemento sempre foi poder, hoxe éo muito máis e, por riba, existe conciencia de que así é. A educación superior convértese nunha chave que distingue as sociedades más vangardistas e os rezagados. O tratamento da cuestión universitaria resulta central na definición do futuro. Especial importancia adquire a implantación de titulacións, e máis terá nos próximos tempos. Neste asunto móvense intereses, a maioría lexítimos, que explican desenfoques e despropósitos. Cometéronse erros pero hai que delimitalos. Non pode considerarse un despropósito a creación das dúas novas universidades en 1989, nin o mapa de titulacións, sen esquencer os efectos beneficiosos: o salto no acceso de mozos e mozas ao ensino, a implantación de titulacións non accesibles en Galicia, especialmente as tecnolóxicas, nin a dotación de recursos garantida por un Plan de Financiamento, envexa da Universidade española. Ordeando algúns dos problemas, no asunto das titulacións habería que sinalar, alomenos, os seguintes: Nos últimos dez anos e sen xustificación, algunhas titulacións duplicáronse (Física), cuatriplicáronse (Química) e mesmo quintuplicáronse (Empresariais) repetíndose en dous campus da mesma universidade (Vigo-Ourense e Santiago-Lugo). Santiago ficou sen desenvolver a súa área tecnolóxica, contra os criterios da Lei e contra a razón de futuro do país, nun aspecto no que non avanzar é retroceder. Non se implantou unha soa titulación neste campus desde 1993. Pola contra, empézanse a implantar titulacións moi interesantes pero a precios privados. Para observar o problema no seu conxunto hai que reparar en que, pese a tanta multiplicación non xustificada, en Galicia seguen sen implantarse titulacións de grande futuro: Enoloxía, Dietética, Topografía, Comunicación Audiovisual, Turismo, Restauración, Antropoloxía, Ciencias da Música. ¿E a calidade? Velaí un problema central non só para a formación en termos civilizadores e de cualificación senón para iso que se chama pomposamente os retos do desenvolvemento tecnolóxico. A calidade non se arranxa co descenso demográfico, senon con obxectivos planificados de millora. ¿Ulo no último plano de financiamento? O informe Bricall evidencia que o financiamento da universidade española é moi inferior á media comunitaria pero tamén que en Alemania, un país rico cun forte tecido empresarial, a relación financiamento público-privado das universidades é dun 91-9 ¿De que falan, pois, algúns responsables do goberno cando aspiran a unha relación 75-25? Sen criterios de converxencia para acadar estándares de calidade, o debate sobre as titulacións semella un punto fato. O problema non é de recursos, hainos a esgalla, senón de xestión e de prioridades. Non convén desviarse do fundamental: os datos das sociedades avanzadas, ou que aspiran a selo, demostran que o coñecemento transfórmase sempre en PIB. ¿A que aspiramos nós?