MANUEL ESPIÑA OUTEIRO DE SAN XUSTO
21 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.Son os técnicos en arribismo, que é a maña de empregar tódolos medios posibles con tal de triunfar. Non vou chamarlle ciencia, arte ou filosofía, para non profanar tan sublimes conceptos con algo tan noxento, porque os arribistas son xente sen escrúpulos. E ¿por que falo deles agora? Pois, en primeiro lugar, fágoo en homenaxe ó grande amigo Ramiro Cartelle, que nos acaba de deixar e foi todo o contrario dos arribistas. Canta razón tiña o chorado coengo da nosa Real Colexiata coruñesa, don Xosé Sardiña, fundador do Fogar de Santa Margarida, que sempre nos repetía: «Se queres coñecer a un galeguiño, dálle un carguiño». Hai que notar que di «galeguiños», porque os galegos de verdade non somos arribistas. Así son os grandes homes e mulleres que están na Coruña participando no congreso de Auliga, coma o doutor Arlindo Barbeitos (de ascendencia galega), escritor e profesor de Angola, que, foi dos primeiros na loita pola independencia do seu país e co primeiro goberno das liberdades tivo que exiliarse, por non ser arribista.