MANUEL REGO NIETO
04 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.Ás veces síntese un a gusto dende a testemuña política. Non é que sirva moito para se realizar, mais os feitos e os ditos dalgúns prebostes que están na área pública, lévanos á conclusión que loitabamos _e inda o facemos en letra impresa e coas nosas verbas_ por ideais que teñen vixencia. Defensa do federalismo Cando os socialistas Pasquall Maragall ou Emilio Pérez Touriño din que asumen e defenden o federalismo _¡xa era hora...!, ¿non si?_, coida o que esto escribe que non predicou no deserto dende o vello Carlismo. Federar e xunguir. A España, as Españas, que na Iberia conqueriron o liberalismo nas Cortes de Cádiz, esqueceron a diversidade. Pasáronlle con aquelo de «un home un voto» a pisonadora ás diferenciacións culturais, históricas, políticas... Para ben da diócese Síntese un a gusto dende a testemuña cando escoita ós que fan a política cotián, expoñer o que defendimos algúns perante máis dun século. Pois, como dicía o finado monseñor Temiño, «que sexa para ben da diócese», que diga das Españas.