CARLOS CASARES Escribo desde o aeroporto de Frankfurt, en escala camiño de Santiago. Hai unhas horas despedinme dos meus amigos e amigas do Expreso da Literatura. Foi unha despedida con emoción. Mes e medio de convivencia íntima, con longas conversas, confidencias e complicidades, ata moito. Salvo unhas poucas horas de tensión política por culpa dun documento que acabou no fracaso, todo transcorreu dun xeito agradable
16 jul 2000 . Actualizado a las 07:00 h.. Non será fácil que nos volvamos ver todos xuntos nunca máis. A felicidade pasa agora a ser nostalxia. Sempre é igual. Eu aprendín moitas cousas sobre os países dos meus compañeiros, pero sobre todo das súas vidas. Aínda non entendo como Sulaima, unha escritora danesa que foi abandonada de nena, que viviu tirada na rúa, que asaltou hospitais para beber alcohol puro, que se drogou, que abortou a patadas, que foi agredida polo seu pai, pode sorrir como sorrí, ser tan alegre e tan xenerosa. Todo porque un día se lle ocorreu contar a súa historia nun libro e descobreu que tiña miles de amigos que a querían.