FRAGA

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO

31 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Coñezo a este home dende que aló polos anos sesenta viña a Vilagarcía de Arousa pra arengar ós camisas azules, na lembranza a José Antonio. Xa choveu... Logo, o que todos vostedes saben. Agora di que aínda se quere presentar a presidente da Xunta de Galicia. Coñezo polos medios de comunicación a outro home _Juan Pablo II_ que di que namentres Deus llo permita seguirá rexindo (?) os destinos da nosa Igrexa católica, apostólica, romana e compostelana... «Eu son eu e as miñas circunstancias», que dixera o filósofo e escritor José Ortega e Gasset. Fraga e il, Juan Pablo II, tamén é as súas propias circunstancias, aínda que se entendan mellor as do hoxe presidente da Xunta de Galicia que as do xefe da Igrexa católica. O poder corrompe, é dito popular, mais en Manuel Fraga a nivel persoal ninguén lle puido demostrar que caera nesa tentación logo de séculos de exercer a política... Outra cousa é _son_ as responsabilidades políticas de cada quen. Mais en democracia, somentes contan os votos.