A feira do libro de Vilalba terá continuidade o ano que vén 

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

VILALBA

Actuación da Banda de Música de Vilalba na praza da Constitución, durante a feira
Actuación da Banda de Música de Vilalba na praza da Constitución, durante a feira

O Concello salienta o apoio que atopou a iniciativa na vila

15 jun 2021 . Actualizado a las 18:14 h.

A feira do libro dde Vilalba celebrarase tamén no 2022. O Concello, que a organizou por primeira vez, salienta a implicación social da iniciativa e dá as grazas ás librarías que participaron, ás institucións que colaboraron, aos autores que asinaron obras e aos grupos que actuaron. A feira tivo lugar esta pasada fin de semana, coa praza da Constitución como escenario. Para o goberno local, tamén a resposta cidadá foi positiva e axudou a que a feira deixase esa boa impresión.

A concelleira de Cultura, Vanesa Siso, recoñeceu que se trata dunha iniciativa que xa levaba tempo prevista e que as circunstancias derivadas da pandemia obrigaran a pospoñer. Por outra banda, comentou que as librarías participantes se amosaran satisfeitas polas vendas, co cal, engadiu, a feira é tamén unha maneira de axudar ao pequeno comercio. Na feira do libro participaron cinco librarías, catro de Vilalba e unha de Lugo. Os autores que asinaron obras foron Miguel Barrera, Cecilia F. Santomé, Miriam Fernández, Antía Yáñez, Antía Veres e Eduardo Baamonde.