«Un é político porque quere»

Gerardo Criado, que vén de ser senador, di que paga a pena dedicarse a política porque consiste en resolver cousas


vilalba / la voz

Nun pleno municipal poden comentarse cuestións alleas á política local, pero as decisións concretas céntranse en asuntos próximos a quen os debate e aos veciños en xeral. Nun parlamento estatal debátese sobre temas que afectan aos cidadáns, aínda que diminúa a sensación de proximidade. Gerardo Criado chegou ao Senado tras once anos como alcalde e Vilalba, cargo que ocupou depois de ser concelleiro.

-Un alcalde decide, goberna; un senador debate. Supón iso un gran cambio?

-Claro que é un gran cambio, un cambio enorme. O Senado é unha cámara territorial, xa o di a Constitución. É unha representación de todo España, supón un punto de vista da política totalmente distinto. Tocoume unha etapa na que o Senado tivo moita máis actividade ca nos anos anteriores: [a decisión de aplicar] o [artigo] 155, a moción de censura, dous presidentes de gobierno... Pero foi algo enriquecedor, dende logo.

-Como se pode explicar que o Senado resulta necesario a quen non cren na súa utilidade ou mesmo propoñen a súa supresión?

-É moi doado. Que asista a calquera sesión ordinaria, independentemente das comisións de todos os días, e verá que hai actividade, non direi que frenética pero si intensa. Ademais das xornadas de portas abertas, hai visitas de colexios e de asociacións e vese o traballo que se fai. Hai comparecencias e interpelacións cada 15 días, e fálase de todo tipo de cuestións que afectan aos cidadáns: o prezo da luz, máis ou menos enerxía eólica, nucleares si ou non... Digo isto por falar só de enerxía. Visualizouse moito a actividade nestes anos.

-Estando no Senado, gáñase perspectiva do traballo que se fai nun concello?

-Na Constitución o poder local está recollido, déixase suficiente capacidade para ser operativo. De aí vén a expresión alcalde presidente, porque a Constitución lle dá ese papel para exercer o poder. Un alcalde é tamén xefe de persoal. En que afecta? En que é operativo. Noutros países non hai ese papel. Un alcalde en España ten moito poder executivo.

-Bótase de menos todo iso?

-Todo iso nótase no día a día, pero eu sigo no medio da xente. Cun alcalde fálase no fútbol, nos enterros, tomando un café, o día da festa... Pero a política non é ir á guerra nin á mili cando era obrigatoria: un é político porque quere. A política é un compromiso coa xente, e a política local é bonita por iso.

-Que relación hai entre deputados e senadores?

-É un trato de igual a igual. Hai esas expresións de cámara alta e cámara baixa, pero funcionan comisións mixtas. A relación, no que eu sei, é boa. Coincidín máis cos deputados de Galicia, e a relación é boa aínda que eles teñen outra dinámica de traballo. Pero o feeling é perfecto. Moitas veces viaxamos xuntos no avión. Jaime [de Olano, deputado] madrugaba moito: moitas veces ía no avión das seis se media; eu, no das nove e media. Pero a relación era perfecta.

-Que sente que é: un senador dunha lexislatura que vén de rematar, un exalcalde, un militante...?

-Cando se chega a unha idade, un é xa ex de todo. Fun presidente do Racing Vilalbés, fun xogador... Acabas sendo tamén exsenador, exalcalde... Pero iso é bonito, porque indica que tes unha bagaxe e un capital humano.

-Paga a pena ser político?

-Si, por suposto. A política é resolver cousas.Cando se lle pregunta por senadores do PP que le causaron impresión na tribuna, Criado afirma que outro lucense, José Manuel Barreiro, fixo «un labor impresionante» como voceiro. Cando se lle pide que cite senadores socialistas que lle parezan bos parlamentarios, lembra a Vicente Álvarez Areces, falecido hai varias semanas, e a José Montilla, exministro e expresidente da Generalitat. Para Criado, non hai problema en ter un bo trato persoal con xente doutros partidos: «Iso pertence á educación», di.

Un bo trato con membros doutros partidos, baseado na educación 

Cando se lle pregunta por senadores do PP que le causaron impresión na tribuna, Criado afirma que outro lucense, José Manuel Barreiro, fixo «un labor impresionante» como voceiro. Cando se lle pide que cite senadores socialistas que lle parezan bos parlamentarios, lembra a Vicente Álvarez Areces, falecido hai varias semanas, e a José Montilla, exministro e expresidente da Generalitat. Para Criado, non hai problema en ter un bo trato persoal con xente doutros partidos: «Iso pertence á educación», di.

Lembranzas do colexio menor dos anos do bacharelato

O número de senadores, 266, non está lonxe, segundo lembra Criado, do dos rapaces que residían no colexio menor de Lugo durante o curso. El estudou o Bacharelato na capital da provincia, onde coincidiu con xente de distintas comarcas. No Senado, di, hai xente que procede de distintos lugares aínda que todos son parlamentarios de España. O que se nota no parlamento é unha sensación de heteroxeneidade: hai xente do norte de do sur, de zonas rurais e urbanas...

A retranca, un trazo que se entende en Madrid 

Gerardo Criado cre que a retranca pode axudar a un parlamentario galego en Madrid. «Témola elevada como se fose un doutoramento», salienta. Porén, tamén recoñece que se entende máis alá do Bierzo e que hai actitudes que non quedan moi lonxe: «Ese sarcasmo dos andaluces ou dos murcianos», di.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«Un é político porque quere»