Andaina solidaria en Triacastela

La Voz LUGO

TRIACASTELA

As mulleres que traballan no Concello percorreron un tramo do Camiño para conmemorar o 25-N

25 nov 2020 . Actualizado a las 20:05 h.

As mulleres que traballan no Concello de Triacastela realizaron a VIII Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, percorrendo un tramo do Camiño Francés, do Biduedo a Triacastela. A rexedora, Olga Iglesias, asegura que «desde Triacastela queremos sumar máis pasos. Máis preto da igualdade». En conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Xunta organiza esta iniciativa, á que quixo sumarse o Concello de Triacastela.