O comercio de Sarria reparte premios

La Voz LUGO

SARRIA

Lidia Castro, premiada por unha compra en #28;Los Sueños de Uxía,#29; con 300 euros
Lidia Castro, premiada por unha compra en #28;Los Sueños de Uxía,#29; con 300 euros

Entregou tarxetas prepago por un total de 800 euros

19 feb 2021 . Actualizado a las 11:15 h.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria-CCU Sarria entregou os premios que obtivo o CCU coa campaña de nadal «Este Nadal, o comercio de Lugo, máis preto de ti», unha iniciativa da Federación de Comercio de Lugo e a Deputación, en colaboración coas asociacións de comerciantes, neste caso, o CCU de Sarria. A iniciativa tivo lugar do 6 de decembro ata o día de Reis, e participaron os clientes do CCU de Sarria que mercaron nestas datas e rexistraron a súa compra. Sorteáronse un total de 10.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e 200 euros na provincia, que volverán ser gastados no comercio de proximidade. Dende ACES están moi satisfeitos cos resultados da campaña, «reflexo da grande implicación e participación dos comerciantes e clientes sarriáns».

Mónica López, premiada por unha compra en #28;Cactus Rose, con 300 euros
Mónica López, premiada por unha compra en #28;Cactus Rose, con 300 euros

As gañadoras foron Mónica López, por unha compra en «Cactus Rose», con 300 euros; Lidia Castro, por unha compra en Los Sueños de Uxía, con 300 euros, e Elma Valcárcel, por unha compra en Cris Abad, con 200 euros.

Elma Valcárcel, premiada por unha compra en #28;Cris Abad, con 200 euros
Elma Valcárcel, premiada por unha compra en #28;Cris Abad, con 200 euros