Un documental dá voz á «revolución silenciosa» das mulleres de Vilasantar

SARRIA

Sarria acolle o venres 23 a proxección de «Tecido resistente», de Marina Chiavegatto. O filme recupera a historia das traballadoras da fábrica de Présaras

22 nov 2018 . Actualizado a las 12:08 h.

Venres 23 • 20.00 horas • Casa da Cultura • Sarria • 

O Concello de Sarria organiza para o venres 23 un Cine Fórum coa proxección de Tecido resistente, un documental sobre «a silenciosa revolución das mulleres de Présaras», no concello coruñés de Vilasantar. A directora, Marina Chiavegatto, que tamén participará no acto do venres en Sarria, recupera a historia dos centos de mulleres que traballaron nos primeiros anos do século XX na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar. Co diñeiro que gañaban, encargábanse de manter a economía familiar, e axiña comprenderon que o seu salario era algo máis: era a súa independencia, «o empoderamento e o feminismo antes incluso de que o concepto chegara a Galicia».

A autora, Marina Chiavegatto, é xornalista e traballou en V Televisión, Bambú Producciones e outros medios nacionais e internacionais. Gañou o Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade, da Deputación da Coruña.