Na parte final do discurso felicitou as persoas que organizaron a nova sociedade e tivo un recordo para Galicia. Esta intervención foi seguida por don Eduardo Viventi, presidente efectivo e pola longa intervención de dona Emilia Pardo Bazán, presidenta de honra. Tódalas intervencións aparecen recollidas na publicación Memoria leída y discursos pronunciados en la sesión inaugural de la sociedad celebrada el día 5 de mayo de 1902, do que se conserva un exemplar entre os fondos do arquivo histórico comarcal, que se veñen formando na Casa da Cultura. O feito de que un sarriao presidise un Centro Gallego de Madrid era dato descoñecido, que agora se rescata para honra daquel sarriao, membro da familia Moreno, que xa no cénit da súa vida pasou moitas tempadas na localidade onde nacera, onde alzou Villa Andrea. Este edificio e unha daquelas quintas dos madrileños que realzaron arquitectonicamente a Sarria que abandonaba o núcleo castrexo e que foron perdendo prestancia de mans de aberrantes actuacións urbanísticas, sendo Villa Aurelia, como sede de La Unión unha das excepcións e un dos espazos máis representativos da vila. Ao activo presidente dun Centro Gallego madrileño se debe este sólido e belo edificio.