Os concelleiros actuais perderon moito como polemistas

La Voz

SARRIA

02 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

E honrando a verdade hai que dicir que os temas polos que se clamaba en 1899 sufriron o normal curso da nugalla municipal sarriá, e así a traída de augas chegou en 1920, a urbanización da Corga de Vales en 1953, o cárcere fíxose entre 1928 e 1930. Todo conforme co ritmo de traballo habitual sen que ningún dos alporizados concelleiros de 1899, cando despois estiveron á fronte da alcaldía, se distinguise por un especial ánimo dinamizador. Como expresión literaria a imaxe do Concello como «asilo benéfico para unha privilexiada familia que se acha enroscada ao Concello como a edra á árbore e vive da súa savia» é todo un logro de enxeño. Como cando hai unha alusión do alcalde ao xardín de Diego Pazos e resolven dicindo que non pasa de ser un pensamento máis ou menos florido, pero de imposible realización. Polemistas Hai que recoñecer que no que respecta aos concelleiros polemistas, sendo hoxe un referente arcaico a oratoria decimonónica, perdemos moito nestes últimos 107 anos. Na velocidade media de resolución seguimos conforme a tradición consolidada: vinte anos para os asuntos intensamente necesarios, trinta para os medianamente necesarios e corenta para resolver os asuntos simplemente necesarios. E o que queira contar, que o conte.