FOGONAZO CARLOS CORTÉS | O |
15 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.POUQUIÑO A POUCO, igual que nas películas de intriga. Así semella que nos iremos enterando das entretelas do raro pacto de goberno de Sarria. ¿Pensaban que xa estaba todo contado? Pois onte o Bloque regalou algunhas confidencias novas sobre a espantada de Sabela Caldas. A máis que previsible resposta alimentará de novo unha traca que xa daba síntomas de desfalecemento. ¿Haberá outono quente?