Primeiros petroglifos prehistóricos documentados no Concello do Corgo

La Voz LUGO

O CORGO

Petroglifos achados en Adai (O Corgo)
Petroglifos achados en Adai (O Corgo)

O Colectivo Patrimonio dos Ancares informa dun achado en Adai, conseguido grazas a un documento de 1602

04 ago 2020 . Actualizado a las 19:51 h.

O Colectivo Patrimonio dos Ancares informou do achado en Adai dos primeiros petroglifos prehistóricos documentados no concello do Corgo. En xaneiro de 2018 localizaron unha pena de cuarcita que actuaba como divisoria entres as parroquias de Agustín (Castroverde) e Folgosa (O Corgo) con dúas coviñas e unha cruz latina que pensan foron realizadas en época medieval, gravados que xa foron catalogados por Patrimonio da Xunta de Galicia como A Pena da Cruz.

Este colectivo iniciou a súa búsqueda tras atopar un documento histórico no que se facía referencia a unhas «piedras marcadas» na zona. O texto falaba dun preito, iniciado o 1 de marzo de 1602 entre Joseph Neira e varios veciños da freguesía de Adai (O Corgo). O primeiro reclamaba a titularidade dunhas terras situadas entre os montes da Laxe Branca e de Arriba. Segundo eses documentos, un dos límites atopábase nesas «piedras marcadas» entre as Penas do Ladrón e o rego da Ponticela.

Piñeiros e eucaliptos

A tarefa de atopar esos fitos «non resultaba doada», segundo o colectivo, «debido á cantidade de penas graníticas existentes na zona». Ademais, tamén aluden nunha nota de prensa ás «sucesivas plantacións de piñeiros e eucaliptos» como posible causa da súa destrución.