O autor proxecta unha guía divulgativa sobre Lugo, mentres mantén a súa biblioteca virtual

La Voz

LUGO CIUDAD

07 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Despois deste libro, Javier Gómez Vila ten en mente xa un novo proxecto editorial. A súa intención é publicar unha obra divulgativa sobre Lugo, que lles sirva aos turistas para informarse. Non se trataría da típica guía ao uso, senón «dun libro máis a nivel usuario».

Mentres traballa nesa idea, non descoida a súa web www. javiergomez.org, unha especie de biblioteca virtual na que teñen cabida variados aspectos relacionados coa arqueoloxía ou coa historia. Ademais de noticias, mapas, fotografías e vídeos, unha das seccións da web que máis éxito ten é a de dúbidas. Nela a xente aproveita para formularlle a este doutor en Historia todo tipo de preguntas acerca, por exemplo, dunha estraña pedra que atoparon en determinado lugar, ou dunha igrexa da que descoñecen algúns detalles concretos.

Os que queiran mercar o libro de Javier Gómez tamén poden facelo na súa web.