«Estamos convencidos de que a solidaridade é o único camiño adecuado»

La Voz X. C. | LUGO

LUGO CIUDAD

Entrevista | Carmen Díaz

28 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? coordinadora do encontro é Carmen Díaz. Onte explicou que é a segunda vez que esta actividade se celebra na capital lucense. Destacou, a súa vez, o nivel do programa que conta coa presencia de grandes especialistas. Referiuse, ademais, ao catedrático, Xesús R. Xares, un dos artífices do movimento de educadores por la paz en Galicia e que foi o encargado de impartir un programa denominado Vivir Xuntos, convivir , a 35 profesores de Lugo - ¿Cal é o obxectivo das xornadas? -Céntranse en aprender a solidaridade, en preparar ao alumnado para aptitudes como, por exemplo, a multiculturalidade. -A solidaridade parece que é clave nun mundo que, moitas veces é insolidario. Semella mesmo complicado tratar de inculcala na escola... - Para a xente que participamos a cotío neste tipo de iniciativas por convencemento non é difícil transmitir ao alumnado esa idea porque estamos convencidos de que a solidaridade é o camiño adecuado. - ¿É receptivo a este tipo de proposta o alumnado? -Sí. Os xogos cooperativos, dos que onte pola tarde tivemos unha mostra no encontro, son un potente instrumento para transmitir toda unha serie de valores dun xeito lúdico. Por exemplo un alumno ten que facer de negro para saber dalgún xeito o que supón sufrir discriminación simplemente pola cor da pel. Esta metodoloxía é estupendísima. Para iso tamén precisamos formación e para elo temos a colectivo de educadores/as pola paz Nova Escola Galega e Asociación Galego Portuguesa de Educación para a Paz.