No programa participan as sete cidades galegas máis importantes

La Voz

LUGO CIUDAD

14 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O contido da guía está estructurado en sete apartados correpondentes ás sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, ofrecendo información detallada sobre tódolos aspectos dos centros que prestan atención ás persas que carecen de aloxamento en cada unha destas localidades. Deste xeito, os profesionais que recurran a ela poderán atopar datos sobre a titularidade, características e servicios dos centros; a súa forma de xestión; a procedencia dos orzamentos cos que conta; poboación destinataria dos seus servicios; requisitos de admisión; réxime de funcionamento e dotación de persoal e material. En total consultáronse 110 centros de atención a persoas sen fogar que dispoñen de 1.299 prazas de aloxamento e 2.236 prazas de comedor. Reducila marxinalidade O Programa de Acollida e Acompañamento a Persoas sen Fogar, financiado polo departamento autonómico con 601.000 euros, ten como obxectivo prioritario minimiza-los danos asociados á situación persoal de falla de vivenda, así como reduci-la marxinalidade e diminuí-las situacións de exclusión coa integración destas persoas na rede socio-sanitaria. O outro obxectivo pasa por coñece-lo conxunto de infraestructuras e servicios existentes adicados a estes colectivos, así como as necesidades destas persoas para que se poidan facer propostas de mellora. O dito programa instruméntase a través dun protocolo de colaboración asinado en novembro de 2002 cos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Este programa vai permitir mellora-la planificación cara a asiganción de recursos, de xeito que os departamentos implicados na atención ó colectivo sen fogar van dispoñer de maior información para pronostica-los efectos das decisións de xestión en relación ós servicios que reciben os usuarios. Esta información permitirá asignar con máis acerto os recursos destinados ás persoas sen fogar, xa que se coñecerán mellor as súas necesidades.