Veciños e veciñas de As Nogais conservan a ilusión do Nadal na montaña

LA VOZ LUGO

AS NOGAIS

Os habitantes locais decoraron a súa vila con esforzo e dedicación, e con materiais feitos por eles mesmos

26 dic 2025 . Actualizado a las 14:40 h.

No municipio de As Nogais o Nadal vívese doutro xeito dende o pasado ano. Dende que os veciños e veciñas se decidiron a decorar as rúas nesta data co seu esforzo e no seu tempo libre. Tanto é así que levan dende o mes de xuño preparando adornos, de forma completamente artesá, para devolver a ilusión á montaña e revivir o espírito do Nadal. Aseguran que non é sinxelo, porque require de moita dispoñibilidade, pero contan tamén que cada ano as decoracións van a máis.

As veciñas comezaron, recordan, falando entre elas de que era necesario devolver a ilusión do Nadal a vila, que contaba soamente con luces. Así, puxéronse mans a obra o pasado ano, e este ampliaron notablemente a colección de obxectos.

Ademais, todo é reciclado e obxecto da imaxinación, e botan man da propia natureza para elaborar os seus adornos, empregando ramas, troncos, bólas de herba... Dende o reloxo da praza ata o belén ou o tractor feito con herba seca, son moitas as ideas que inspiraron aos veciños e veciñas para decorar a súa vila do mellor xeito posible: con amor, dedicación e coas propias mans.