Deste xeito, pasaron polo cruceiro de Lameiros, o albergue de Ligonde, por un cemiterio de peregrinos, por un hospital de peregrinos ou por unha igrexa do Camiño. No traxecto fóronse atopando coa Santa Compaña e coas ánimas, que interpretaron os profesores do colexio. Os cativos acudiron disfrazados de diferentes personaxes terroríficos que se poden atopar no Camiño. Durante este terrorífico traxecto, unha alocución foilles contando aos alumnos as particularidades da ruta Xacobea e da Santa Compaña.
O proxecto tamén pretende traballar a lingua galega a través de todo o percorrido con frases ao longo do tramo da ruta a Santiago, nas que se pode ler, por exemplo «Así chove no Camiño'». Tamén na alocución se falouse de escritores e persoeiros da cultura galega. Esta iniciativa do colexio de Antas pretende ter continuidade nas seguintes celebracións que faga o centro, sempre coa temática da lingua e o Camiño de Santiago como protagonistas.