Os artistas locais abren os seus talleres en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Presentan a mostra Arte de Portas Abertas
Presentan a mostra Arte de Portas Abertas CEDIDA

A Mostra Arte de Portas Abertas terá lugar os días 20, 21, 27 e 28

16 nov 2021 . Actualizado a las 13:06 h.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou a mostra Arte de Portas Abertas, organizada por Cultura e o Espazo LUPA Arte, dentro do Culturban. «Queremos achegar o traballo artístico dos creadores lucenses abrindo os seus obradoiros para que toda a veciñanza poida ver as distintas etapas do proceso creativo e coñecer de primeira man o estilo de cada un», explicou. A mostra conta coa colaboración de 17 artistas, que abrirán as portas dos seus obradoiros, e seis máis que contarán cun espazo no Vello Cárcere. Ademais, organizaranse visitas guiadas con Guido Guía polos distintos obradoiros. Poderanse visitar os días 20, 21, 27 e 28, pero recoméndase concertar as visitas telefonicamente con cada obradoiro para cumprir as cabidas.

Na mostra participan Isabel Somoza (gravado), INPE (deseño téxtil), Alfredo Bongianni (fotografía), UVE (deseño de interiores), Dinámica Estudio (plástica), Joaquín García Gesto (pintura), Gema López Estudio de Arte (pintura), Miguel Anxo Macía (pintura), Xoan Vila (Escultura), Andrés Haensel Haenselus (mix media e audiovisuais), Iago Eireos (pintura e fotografía), Ceniza de Papel (cerámica), Elena Belgrano EduCoHabitar (arquitectura e mix media), Festigaleiros (mix media e audiovisual), Cris Bamio (pintura e fotografía), T de Tete (deseño téxtil) e Juan Pablo Mastroiani (pintura).

Durante os catro días, seis artistas contarán cun espazo no Vello Cárcere. Serán Luz Darriba (multidisciplinar), Juan Lomarti (pintura e escultura), Ana Cabanes Fontao (pintura e escultura), Carmen Porteiro (fotografía), Ignacio López (pintura) e Alexandra Pardo Argalleira (mix media e instalación).

Tamén haberá catro paseos co guía turístico Guido Álvarez, con prazas limitadas por orde de inscrición: vellocarcere@lugo.gal ou 982 297 195.

· Sábado 20, 19.00-21.00h. Saída desde a Fonte do Rei (escultura de Antonio Gandoi)

· Domingo, 16.00-20.00h. Saída desde o Vello Cárcere

· Día 27, 16.00-20.00h. Saída desde o CEI Nodus

· Día 28, 16.00-20.00h. Saída desde o Vello Cárcere