Cortan tres semanas o carril esquerdo de San Roque cerca da Muralla

la voz LUGO

LUGO

Infografía del corte de tráfico en San Roque
Infografía del corte de tráfico en San Roque

As obras de peonalización da Mosqueira obriga a estreitar o entronque coa Ronda

04 nov 2021 . Actualizado a las 19:39 h.

Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase de que a partir deste venres día 5 de novembro se procederá a cortar á circulación tráfico un treito dun carril da Rúa San Roque para levar a cabo os traballos de transición entre esta rúa e a Mosqueira. 

O treito afectado será o carril esquerdo da Rúa San Roque, na zona máis próxima á Mosqueira, e o corte terá unha duración de 3 semanas. 

En todo momento, sinalan desde o goberno local, garantirase un paso peonil seguro pola zona de obras, ademais de garantirse tamén a entrada a vivendas, locais comerciais e garaxes, tratando de molestar o mínimo posible á veciñanza.