A Semana do Cine de Lugo comeza esta tarde

Lorena García Calvo
lorena g.c. LUGO / LA VOZ

LUGO

Las autoridades viendo un video sobre la Semana de Cine
Las autoridades viendo un video sobre la Semana de Cine SUSO VARELA

Ás 18 horas comezarán os primeiros pases

20 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Lugo entra na primeira semana do outono cunha axenda cargada de filmes. A Semana do Cine de Lugo estréase hoxe con propostas para todos os públicos. Para os máis pequenos, ás 18 horas pasarase no auditorio Trasto de la mansión a la calle. Na Deputación proxectaranse varios filmes: La sombra (18 horas) e Habilitar el tiempo (20 horas).

 No Vicerreitorado serán protagonistas as curtametraxes e o cine en galego. Nesta primeira xornada proxectarase El pequeño contrato, 5 horas, 34 minutos, 25 segundos, Burqa City, Coming Back, Dos Mundos, Era yo e El cuento del que todos hablan. A proxección das curtas comezará ás 18 horas.

 En canto aos pequenos filmes en galego, a partir das 20 horas poderán verse: Onde estamos nós, Reunión, Cernícalos, Monte bravo, Sergio da Veiga, e Aqueles días de agosto.

 Ás oito da tarde tamén está previsto que se proxecte no auditorio, dentro do ciclo Xoias do ano, o filme Trenes que van al mar. Á mesma hora, na Diputación, poderá verse Habilitar el tiempo.

 Como colofón á primeira xornada, e dentro da sección oficial, no Gustavo Freire proxectaranse a curta Gracias e a película Surcos.

A maiores da carteleira deste luns, o Grupo Fonmiñá organiza hoxe a presentación do libro Un camiño de cine xacobeo, da lucense Pilar Falcón Osorio. Será ás 12 do meiodía diante da Casa do Concello de Lugo.

Hoxe, en Palas, Latexo Persusión celebra unha xornada de portas abertas para promocional as clase da súa escola de batucada. Será ás 17.30 horas na Praza do Concello.