Medidas
O programa Actívate forma parte das medidas contempladas para impulsar economicamente a provincia pola crise do coronavirus e súmase a outras iniciativas como «Coñece a túa provincia», que pretende fomentar o turismo; os Bonos Impulso, que permiten optar a descontos en establecementos comerciais de Lugo; «Saborea a túa provincia», que consiste en xornadas gastronómicas e Lugo Termal, con bonos para gozar de descontos nos balnearios.
Convocatoria
A Deputación de Lugo xa abriu o prazo de presentación de candidaturas para a segunda edición dos premios á hostalería e ao turismo da provincia, os galardóns ‘Lugo Cambia ao turismo lucense e ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense’. O BOP publicou a pasada semana as bases da convocatoria. As candidaturas poden presentarse ata o 2 de xullo e, como novidade, pódese facer a título individual ou por unha terceira persoa co consentimento expreso do candidato ou candidata, tal e como se solicitou no Consello Provincial de Turismo.