Cándido Pazó: «Pode que prepare algún espectáculo sobre Manuel María»

Félix Jorquera / L.L. LUGO / LA VOZ

LUGO

Cándido Pazo en «Memorias dun neno labrego»
Cándido Pazo en «Memorias dun neno labrego»

O actor e director actúa este sábado en Outeiro de Rei con «Memorias dun neno labrego»

10 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio da Casa-Museo Manuel María, de Outeiro de Rei, acolle este sábado ás 19.00 horas o monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego. Un libro sobranceiro da literatura galega, que é o máis editado e traducido, e publicado por primeira vez hai sesenta anos pola editorial Follas Novas, de Bos Aires. Trátase dun espectáculo teatral emotivo e divertido, para o que cómpre reservar billete, por 5 euros, en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no WhatsApp do 698 177 621.

-Era consciente Neira Vilas de que ía marcar a tantas xeracións de galegos?

-Non, para el foi todo un descubrimento que o seu libro se convertese nunha especie de biblia de todo ese universo galego.

-Todos levamos un labrego dentro, non?

-Todos somos un pouco Balbino, ou fillos dun Balbino. E en Galicia as cidades non son moi grandes e perméanse moito co rural.