Prudencia


Falar do Covid parece obrigado porque a pandemia está presente en prácticamente todos os aspectos da nosa vida, que alterou e modificou como se se tratase dunha especie intelixente que quixese agredir mortalmente a unha raza inferior. Quizais polo irracional da agresión, as reaccións dos humanos resultaron imprevisibles, quedando para os especialistas do futuro analizar os comportamentos nesta especial situación. O noso actual panorama non ve máis aló das próximas festas, centrando a preocupación en se poderemos viaxar, se imos poder xuntarnos na Noiteboa ou Fin de ano ou se nestas festas estaremos arriscando demasiado.

As limitacións que nos impoñen as autoridades, parécennos barrotes de cárcere, e anceiando liberdade, buscamos regandixas para coarnos e volver disfrutar do agora prohibido. Que se nos abrisen as portas dos bares foi como liberdade vixiada sen vixiantes á vista, e botámonos a ocupar espazos que sempre foron nosos e, nos viños do centro de Lugo hai algúns días tanta animación báquica como no mellor San Froilán. Non son observador imparcial analizando o que ocorre ao meu arredor senón disfrutador consciente do placer dunha caña de cervexa agardada durante mes e medio. Elevando preces inconexas aos deuses célticos agradecendo a herdanza cervexeira que tanto nos conforta. Pasamos da nada ao todo nun suspiro; do cumprimento estrito ao natural desenfreo pola reestreada liberdade perimetrada, aproveitando o respiro por se máis tarde temos que volver a refuxiarnos nos nosos interiores. Ogallá que a prudencia se vaia impoñendo entre nós e que teñamos as festas en paz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Prudencia