O Concello participa na homenaxe á escritora organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
22 feb 2020 . Actualizado a las 18:57 h.«Temos que ter presente a Rosalía para conseguir que este país avance», declarou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, na homenaxe organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no parque que leva o nome da autora co gallo do día de Rosalía o 24 de febreiro.
No encontro literario e musical, Ferreiro aproveitou para reivindicar a vixencia do pensamento e acción da autora galega, na que sinalou o compromiso coa loita da muller como con Galiza. «Somos moitas as que sentimos moi preto a Rosalía, unha muller rebelde que demostrou ser vangarda nos ideais feministas e que fixo unha defensa a ultranza da Galiza», añadiu a tamén vicepresidenta da Diputación, que estivo acompañada no acto do alcalde en funcións, Rubén Arroxo.
O encontro contou coa música de Germán Díaz e rematou coa lectura dun manifesto asinado por Daniel Asorey, centrado no fenómeno da emigración e do que significou para Galiza.