Éxito da Semana de Cine de Autor

LUGO

30 oct 2018 . Actualizado a las 18:23 h.

A corenta edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que organiza Fonmiñá, tivo un éxito de participación do público. O número de espectadores ás sesións foi de 6.820, de acordo coa seguinte distribución: Na semana previa, nas tres salas -Deputación, Vicerreitorado e Biblioteca-, houbo 861 espectadores. Na semana grande, nas diversas salas -Deputación, Vicerreitorado, Biblioteca, Museo Provincial e Vello Cárcere- 1.001. E no Gustavo Freire, na Sección Infantil, rexistráronse 2.058 espectadores; 1.800 na sección «O mellor do Ano»; e 1.100 espectadores na Oficial.

Os organizadores destacan a presenza dos artistas que participan nas películas da semana. Así, estiveron Óscar Doviso, director de «El rebelde»; directores e intérpretes de «Madre y maestra», directores de «A viaxe de Ruth»; Carlos Lorenzo, director de «Vértice de versos»; Jaione Camborda, directora de «Rapa das bestas»; Alfonso Zarauza, director de «Encallados»; desde México, Christian Iván Castillo, director de «En el nombre del padre»; Xiana do Teixeiro, directora de «Tódalas mulleres que coñezo»; e o cadro artístico ao completo e os director de «Dhogs», Andrés Goteira. «E o noso gran invitado, Luis Xavier Cavazos, fillo da homenaxeada Rosario Durcal», sinalaron.

Erros

«Na actualidade, afeitos ao confort, visión e fantástico son das salas comerciais, é un reto para nós difícil de superar. Non obstante, conseguimos ofrecer un cine de calidade totalmente gratuíto e dentro das nosas posibilidades. Sentimos que -quizais por un virus procedente dun teléfono móbil- a película «Leo a la vida», do director Julio Suárez, non se puidese ver na súa totalidade. Esta película será invitada de excepción na edición próxima edición da Semana de Cine», sinalaron desde a organización do certame de cine.

Palmares do 2018

Polo que respecta aos premios do certame, o Premio do Público á Mellor película da Sección Oficial foi para «El insulto» (Líbano, 2017) de Ziad Doueiri, con 2,93 puntos. Seguíronlle en puntuación: «Tódalas mulleres que coñezo» (2,74 puntos), «Bajo la piel del lobo» (2,34), «El viaje de sus vidas» (1,98) e «Princesita» (1,84).

O Premio do Público á Mellor película Documental foi para «A viaxe de Ruth» (Galicia, 2018) de Jaime Pardo Valdés e Xosé Reigosa. O Premio do Público á Mellor película galega: «Nove de novembro» (España, 2017), de Lázaro Louzao. O Premio do Público á Mellor Curtametraxe galega: «Amanece despejado» (Galicia, 2018), de María Vázquez e Bruno Máez. O Premio do Público á Mellor Curtametraxe: «Noche de reyes» (España, 2018), de Javier Gimeno.

Recoñecementos

A organización e o xurado da 40 edición da Semana de Cine de Autor decidiron conceder cadansúa mención especial, «polo seu especial tratamento ao cine, e aos temas e persoas que recollen», ás seguintes películas: «O tempo na Luparia», de Plácido Romero; «Matria», de Álvaro Gago; «The rebel», de Óscar Doviso; «Madre y maestra», de Caamaño Castro e Serafín R. Trashorras; «Escarabana», de Sara Casasnovas «Vértice de versos»; , de Carlos Lorenzo; «Amaparo 54», de María Dobli; «Silencio», de Miguel Juan Pujadas; «Eugenio», de Xavier Baig e Jordi Rovira; «El precio de la risa», de Gabriel Lechón Cuello; «Marta no viene a cenar», de Macarena Astorga; «Así que pasen cien años», de Dioni Torres e Javier Luque; «En el nombre del padres», de Christian Iván Castillo Ramos; «la primavera Camboyana», de Chris Nelly; «Dhogs», de Andrés Goteira; «Sabanda», de Víctor Calero; «Hurto», de Gerónimo García Castela; «El atraco», de Alfonso Diaz; «El asado», de Ignacio Guggiari; «Madre», de Rodrigo Sorogoyen; «Turno de noche», de Víctor Vasollete e «No soy él», de Xoan Bregua.