«Esperta o fascismo», di o BNG despois de que Foro Lugo chamase trapo á súa bandeira

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

Así valorou Rubén Arroxo as declaracións de Ildefonso Saavedra

11 ene 2018 . Actualizado a las 09:15 h.

«Non pidades praias fluviais que espertades o fascismo». Así valorou o voceiro do grupo municipal do BNG as declaracións efectuadas por Ildefonso Saavedra, o representante do partido Foro Lugo, que chamou «trapo» a unha bandeira de Galicia coa estrela vermella.

No Facebook do concelleiro nacionalista, Rubén Arroxo, foron varios os comentarios críticos coa manifestación feita por Saavedra logo de coñecerse que o edil do BNG fora multado con 90 euros por colocar un «letreiro de obra» á beira do Miño anunciando unha hipotética praia fluvial. Dixo que un partido político tiña que cumprir a lei e lembrou que xa fora tamén denunciado «por colgar un trapo da muralla». Tamén advertiu que un concelleiro que non cumpría as normas postulábase como alcalde.

Un dos intervenientes nese debate foi o deputado nacionalista na Deputación, Antonio Veiga que preguntou: «Pero que é iso de Foro Lugo? FL, letras da Falanxe...».

«Ten habido formacións de todo tipo que collían nun R5. O tal Ildefonso é “moteiro”. Eu non digo máis», escribiu outro cidadán. A esa afirmación pregunta outro usuario: «Con sidecar?». Logo aclara o que di ao respecto a Wikipedia: «vehículo dunha roda enganchado ao costado, normalmente dereito, dunha motocicleta».

Unha usuaria explica en galego reintegracionista que lle resulta “engraçado” ver como hai “un discurso homogêneo de respeito á lei; sao como papagaios que repitem consignas».