Ataque do Concello de Lugo ás pintadas da Casa Sindical

LUGO

LV

A limpeza durou máis de tres horas e ocupou a cinco operarios

16 ago 2017 . Actualizado a las 15:11 h.

O Concello de Lugo levou a cabo un plan de ataque ás pintadas existentes no edificio da Casa Sindical, na ronda da Muralla.  O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou os traballos de limpeza das pintadas existentes na fachada do inmoble, que desenvolveu o servizo de limpeza municipal entre as sete da madrugada e as dez e media da mañá deste mércores. Nas tarefas participaron catro operarios, que se ocuparon de sinalizar a zona e garantir o paso dos peóns, e un traballador cunha máquina hidrolimpadora. Para realizar estes traballos, o gabinete de tráfico da Policía Local, xunto co servizo municipal de limpeza, estableceron medidas circulatorias coas que se garantiu a seguridade dos peóns e do tráfico.