Doiras ben merece unha atención

Ademais da rehabilitación, piden excavacións arqueolóxicas ao ser un castelo pouco estudado

.

lugo / agencia

Unha das fortaleza emblemáticas de Galicia, o castelo de Doiras, non pasa polos seus mellores momento da súa historia de máis de cinco séculos. Un informe elaborado por dous historiadores do Colectivo Patrimonio dos Ancares, e presentado á Xunta, Deputación e Concello, amosou a situación na que se atopa o monumento, declarado BIC. Malia que os seus propietarios, a Fundación Xosé Soto, negan que estea abandonado, as fotografías que acompañan ao estudo amosan unha imaxe ben distinta. Si recoñecen desde a fundación, con sede no magnífico museo de Arxeriz (O Saviñao), que non dispoñen de fondos para poder afrontar unha reforma en profundidade e que eles mesmos información ás Administración da situación do castelo.

No informe do Colectivo dos Ancares, ademais de adxuntar as imaxes e describir o estado dos diferentes elementos da fortaleza, sinalan que segue habendo moitas incertezas sobre a súa historia. «Chama a atención de que se trata dun monumento do que apenas hai información sobre o seu pasado», sinala Xabier Moure, quen xunto a Jordi Ràfols propoñen unha intervención arqueolóxica que podería axudara entender a historia do castelo. «Pódese considerar a posibilidade de realizar unha prospección para sentar as bases dunha escavación. Sería moi útil o estudo dos paramentos para poder determinar as fases construtivas máis antigas e poder diferencialas das sucesivas intervencións que padeceu ao longo do século XX», sinalan os historiadores.

Doiras si estivo vinculado á famosa lenda da Doniña Cerva, e da que mesmo Gustavo Adolfo Bécquer teceu a lenda da Corza Branca. Tamén, a finais do pasado ano, Patrimonio dos Ancares deron a coñecer o descubrimento do Teso do Castelo, unha torre de vixiancia a escasos metros de Doiras, e na que apareceron restos tantos de posible orixe romana como da época de Filipe III. Os historiadores cren que ou ben era unha torre complementaria da de Doiras ou que poido ter unha orixe romana, para vixiar as vías da zona, onde moi preto houbo xacementos de ouro.

Votación
13 votos
Comentarios

Doiras ben merece unha atención