Queixas pola falta de previsión

La Voz

LUGO

Os parlamentarios do BNG Cosme Pombo, Ana Pontón e Tareixa Paz, visitaron a zona do incendio. Cualificaron o ocorrido como un desastre «só comprable ás políticas do PP en prevención e extinción de incendios». Pombo advertiu: «A medida que avanza o mandato de Feijoo, avanza o lume». Ana Pontón alertou dos efectos das choivas e mostrouse preocupada porque a Xunta non actúa. Anunciou que o seu partido esixirá responsabilidades no Parlamento. «A Xunta non quere que vexamos a realidade nin as consecuencias», dixo.