Mini e Mero, Alfonso Blanco, Andrade ou O Carrabouxo, entre os colaboradores

La Voz

LUGO

As viñetas do Carrabouxo ilustran algunhas páxinas da publicación.
As viñetas do Carrabouxo ilustran algunhas páxinas da publicación.

01 dic 2013 . Actualizado a las 07:01 h.

Unha ducia de amigos e activistas lucenses e doutros lugares de Galicia forman parte desde o número cero de Que quede quen o conte. Aos mestres Alicia López Pardo e Miguel Rodríguez Carnota, súmanse varios cregos, como Alfonso Blanco Torrado, presidente da asociación cultural Xermolos, de Guitiriz; Gumersindo Campaña Ferro, Francisco Carballo ou os irmáns Manolo e Bieito Peleteiro -o máis novo, Xosé, xa faleceu-. Tamén están desde o comezo os músicos e mestres Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos como Mini e Mero; ademais do humorista Xosé Manuel Andrade Vidal. Colaboran de xeito habitual Lourenzo Díaz García, do Incio; o crego Rubén Aramburu, ou o escritor David Otero. E destaca a participación de Xosé Lois, o popular Carrabouxo, cuxas viñetas ilustran algunhas das páxinas da revista.

No número máis recente colaborou a mestra Noelia Maceda Gallego, natural do Incio, que escribe un relato sobre a loita que impulsan as familias para que a Consellería de Educación non siga suprimindo unidades escolares e profesores nas escolas do rural e da montaña lucense.