«Non sei que pasará, pero agora estou encantada»

La Voz

LUGO CIUDAD

Ana González dá un paso adiante na súa vida profesional ao pillar o traspaso doutra carnicería.
Ana González dá un paso adiante na súa vida profesional ao pillar o traspaso doutra carnicería. pradero< / span>

22 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Despois de 15 anos á fronte dun posto de venda de carne no mercado de Fingoi, no centro de Lugo, Ana González López acaba de dar un paso adiante na súa vida profesional. Esta semana ampliou o negocio tras coller o traspaso doutra carnicería na Praza da Fonte do Rei, ao comezo da Rúa San Roque. ¿Non ten medo á crise económica? «Non sei que pasará no futuro, pero de momento, nos días que levo, estou encantada», explicaba a empresaria xornadas atrás, mentres cortaba uns filetes de ternera galega co control e a sabedoría que unicamente se conseguen con experiencia. Todo tipo de carne de porco e de ternera, coellos da casa, ovos, polos... «Todo é galego e de moita calidade», indicou a muller, que en Fingoi tiña unha clientela fixa que confía en manter nesta nova etapa laboral. «Gústame máis este local, o outro sitio era moi pequeno...».

Instalacións renovadas

Carnicería Ana está situada no baixo no que noutro tempo estivo a carnicería Santa Comba, e máis recentemente a Páramo, que tamén pechou as súas portas. A emprendedora decidiu reformar as instalacións para cambiar a imaxe dun establecemento comercial no que agora se venden, ademais de carne, fiambres, pans artesáns, froita fresca e variada e outros produtos alimenticios que tradicionalmente se poden atopar nas tendas de ultramarinos. «Nunca pensei que vendería froita, e estouna vendendo moi ben», relata a muller.

Outra das novidades é que por primeira vez ten unha empregada. Nesa liña, Ana é a encargada de cortar e de despachar a carne, o traballo que require máis experiencia. Teñen bolos, entre outros, das panaderías Doval, Linarei e Chairega. O negocio abre de luns a sábado, pola mañá de oito e media a tres e media, e pola tarde de cinco a nove e media. «En Fingoi pechaba o sábado ao mediodía, pero aquí vou abrir tamén pola tarde. O domingo si que o necesito para descansar», finaliza.

Ademais de carne, no novo posto vende froita e fiambre; e ten unha empregada