Malla e música tradicionais a carón do río Chamoso

La Voz

LUGO

A malla é unha das actividades incluídas no festival que se celebra na área recreativa do Corgo.
A malla é unha das actividades incluídas no festival que se celebra na área recreativa do Corgo. Ó. CELA< / span>

Cinco grupos folclóricos actuarán esta fin de semana nunha paraxe na que haberá comidas campestres

03 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Son xa nove as edicións que este ano acada o festival Folk no río, que ten como privilexiado escenario a área recreativa do Chamoso, no Corgo. Nesas augas desenvolverase a partir das cinco da tarde de mañá a primeira das actividades: a batuxada, na que os máis aventureiros tratarán de surcar o río a bordo de embarcacións artesanais de fabricación propia. Xa pola noite terá lugar unha animada verbena amenizada pola orquestra Primera Línea. Feira de artesanía. O domingo os actos empezarán ao mediodía coa apertura da feira de artesanía, con variados postos e pezas. A esa mesma hora arrancará a celebración da malla popular, que aínda que se incorporou ao festival a posteriori, actualmente é unha das actividades que máis xente atrae. Para animar o traballo de homes e mulleres, o grupo Arrincadeira de Lugo tocará algunhas pezas antes de dar paso ás comidas campestres. O festival propiamente dito empezará ás seis da tarde, coas actuacións dos grupos folclóricos Amigos da Pandeireta, de Monforte; Remesmus de Teixeiro, de Curtis; O Feitizo, de Foz; e Legua Dereita, do Corgo, o colectivo cultural que colabora co Concello na organización.