Reino Unido pon en marcha un programa como Preescolar na Casa

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

LUGO

Ofrecerá cursos gratuítos para enseñar aos padres a educar ben aos fillos

22 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Un espazo para que as familias con nenos intercambien experiencias educativas e aprendan, por exemplo, a establecer pautas para que os fillos se comporten ben. A grandes trazos niso consiste o programa que acaba de poñer en marcha a Secretaría de Estado para a Infancia do Reino Unido, e niso consiste tamén Preescolar na Casa (PnC), o proxecto educativo que naceu en Lugo hai máis de trinta anos e que neste momento atravesa horas moi baixas debido aos recortes económicos da Xunta, aínda que só no curso pasado orientou a uns 4.000 nenos de 0 a 3 anos en toda Galicia.

«Recortaron notablemente a contía dos convenios e non hai marxe de manobra para unha unha fundación sen ánimo de lucro», explican desde PnC, inmerso nun ERE temporal que afecta aos seus 43 traballadores. A rebaixa máis forte foi a da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, que no 2010 achegou 500.000 euros. «Este ano dixeron que iamos recibir 200.000, pero aínda non vimos nada». Eses cartos destínanse á contratación de persoal. Mentres Galicia deixa morrer un programa de apoio ás familias que goza de prestixio internacional, o goberno británico aposta por un similar. O Comité de Ministros da UE recomendou no 2006 fomentar este tipo de políticas.

crónica o goberno británico aposta por un proxecto que a xunta está deixando morrer