O autor da «Rosa do viño» dirixiu en Mondoñedo unha cata literaria
23 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Último Premio de Gastronomía Álvaro Cunqueiro con A mesa e manteis. Historia da Alimentación en Galicia, o catedrático e escritor Xavier Castro (Cangas do Morrazo, 1954) dirixiu onte en Mondoñedo unha cata de albariños diferente, fundindo o paladeo dos viños con música e a literatura de Álvaro Cunqueiro. Organizouna o Concello de Mondoñedo, co gallo do centenario do nacemento do autor mindoniense, que, para Castro, «foi o grande da cultura vitícola e gastronómica do país, o gran creador, o gran exaltador».
-¿Como prantexa a cata?
-Coa idea de difundir a cultura do viño, de incorporar literatura e música para aprender a estimar o viño; de forma amena, mesturando cultura e lecer.
-¿En qué consistirá?
-Falaremos dos viños, dos cambios de mentalidades, da evolución do gusto... Cun guión semellante ao do meu libro A rosa do viño, con estilo ameno, completando tecnicismos dos enólogos. Como Cunqueiro, que tivo unha gran sensibilidade ao fundir expresións da cultura popular usadas para cualificar o viño coas literarias. Disfrutaremos, paladearemos viños da adega Martín Códax, albariños, uns viños moi queridos por Álvaro Cunqueiro. Exhibiranse vídeos musicais con poemas del.
entrevista xavier castro, catedrático e escritor