David Amor, un «todoterreno» do mundo do espectáculo

cris L. Graça LUGO / LA VOZ

LUGO

O número?David Amor & Taninos Maduros Jazz Band» ofreceu toques de música e humor onte en Sarria

23 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Non hai como presenciar un ensaio de David Amor para comprender porque ten éxito vaia onde vaia. Na noite do xoves, un dos integrantes do programa de televisión «El Club del Chiste» chegou á vila sarriá. Despois de visitar o Meigallo, lugar onde se celebrou o espectáculo de humor na noite de onte, acudiu co seu representante ao local de ensaio onde se respiraba o bo humor e moi boa sintonía entre todos os membros do espectáculo.

Simpático e moi cercano son algúns dos calificativos que se lle poden atribuír pero, como é realmente David Amor?. Este humorista defínese como moi extrovertido e, a súa vez, comenta que «debido aos múltiples traballos realizados na súa curta pero intensa vida é tamén aprendiz de moito pero mestre de nada».

Anécdotas

Conta entre risas que ?a miña infancia foi moi itinerante, recorrín diversos lugares de Galicia en breve espazo de tempo?.

Desde moi novo tivo diversos traballos como repartidor de pizzas, piloto de quats ... e este ?showman? ten unha vida moi axetreada, xa que pasa longas temporadas nas que exerce como balonmanista de día e monologuista de noite. Na actualidade está nas filas do Club Cisne Pontevedra e compaxínao cos numerosos monólogos que fai, cursos de preparación para ser actor e diversos proxectos de ficción que ten en mente.

Á pregunta, ?despois de ser presentador, guionista, participar en radio ou no «Club do Chiste», quédache algo por facer?? responde rotundamente que ?Todo. A formación é constante e canto máis preparados estemos, mellor será o espectáculo que ofreceremos. O 95% destes son organización e só un 5%, improvisación. Todo ten que ter un sentido, a súa orde e un porqué. Debémonos ás persoas que acoden a vernos e o traballo debe ser o máis serio e profesional posible».

Afirma que «o humor é un estilo de vida e que todos deberiamos tomala con esa filosofía».

Despois de pasar un cantos anos no «mundillo» coñeceu a moitos humoristas pero se tivese que escoller, sería a ?Isi?, José Manuel Rodríguez, «un gran amigo e ten un talento natural para subirse ao escenario» sinala o pontevedrés.

Nos tempos que corren é complicado abrirse oco no mundo da representación nas grandes cidades mais David Amor afirma que «No seu caso non foi así. Desde o primeiro momento, apostaron por min. Resultoume máis doado abrirme camiño en Madrid, do que en Galicia, pero desde logo que para vivir quédome con Galicia, onde veño case todas as fins de semana e así non perdo o contacto».

Proxectos

Conta que «se está preparando para dar o salto á ficción da man de Sonia Baena, e que está facendo números con Etiqueta Negra como o se que fixo onte en Sarria coa colaboración de Taninos Maduros Jazz Band». Asegura que «lle encantou participar neste proxecto e que non lle importaría volver a Sarria con outro espectáculo destas características».

DAvid amor humorista