Son admirador deste músico/místico arxentino (exiliado, ditadura 73) canta/autor, poeta e trobador. Un seguidor de Xesús, Ghandi e Teresa de Calcuta. «Mensaxeiro da Paz» Un marxinal. Asasinado por error, en Guatemala, hai días. Non tiña medo á morte! Resumo mensaxes súas a modo de últimas vontades: «Para ti, que vives a vida a un ritmo trepidante quero recordarche que o máis importante es ti... e os que te rodean! Recorda que é urxente a palabra á que lle temos quitado o seu significado. Tamén a nosa maneira máis pobre de vivir porque o día que nos vamos deixamos sen vivir as cousas que foran urxentes. Urxente é que, agora, fagas un alto no camiño e te preguntes que significado ten o que fas!? Urxente é que sexas máis amigo, máis humano, máis irmán. E que saibas saborear o tempo que che pide un neno, un vello... Urxente que, cada mañá, cando sae o sol, te enchas de calor e lle deas grazas ó Señor. Urxente que sintas e te deas conta de que Deus te ama e quere verte feliz e cheo de vida. Deus non che prometeu días sen dor, risas sen tristura, sol sen choiva, pero si che prometeu forzas, consolo para as bágoas e luz. Cando a vida che presente mil razóns para chorar, demóstralle que tés mil e unha polas que sorrir. Dá sen medida e faranche o mesmo. Ama ata te converteres no amado, no mesmísimo Amor. A vida non che quita cousas; libérate delas. Non hai morte, hai mudanza. Deus púxoche un ser humano ao teu cargo: es ti e debes facerte libre e feliz. Despois poderás compartir vida cos demais». Non lles soa a lévedo de Evanxeo? Comparto isto, como agradecemento a esta vida tan fecunda. Vale a pena vivir así!